O Fórum Gastronómico vén celebrándose cun éxito innegable desde 1999. Conseguiu consolidarse como un punto de encontro imprescindible para empresas agroalimentarias, cociñeiros, profesionais, restauradores… A solidez e o éxito do modelo fixeron que se converta nun referente e un modelo a seguir.
O programa consiste en sesións de cociña en directo, no que os asistentes poden degustar as elaboracións realizadas, catas, diálogos e un largo etcétera deseñado co obxectivo de proporcionar ao profesional as mellores ferramentas de formación.
Paralelamente foise consolidando unha feira de empresas de produtos gastronómicos de alta calidade, complemento ideal das actividades programadas.
Son moitos os eventos inspirados neste, e que foron aparecendo desde a súa creación, pero o Fórum segue ofrecendo ano tras ano novos conceptos que crean escola.

** Datas: 26, 27 e 28. feb. 2012
** Sede: Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia
** Frecuencia: Anual, con alternancia de sedes entre Xirona e Santiago
**Actividades: Gran formato: espectáculos de cociña en vivo e directo
Formato reducido: sesións temáticas con degustacións, catas e maridaxes.
Feira, Fórum Viño, Aula Activa, Fórum Doce, Espazo Nenos, Innofórum…
**Horarios: Domingo • 26 – 10.00 a 20.00 h. – público xeral
Luns • 27 _ Martes • 28 – 10.00 – 20.00 h. – profesional
**Prezos entrada: Domingo • 26 – 5 €
Luns • 27 _ Martes • 28 – 15 €
(o prezo da entrada inclúe acceso ao recinto feiral e as sesións no Auditorio)
**Prezos actividades: Domingo • 26 – Obradoiros: 3 € / Espazo Nenos: 5 € / Aula Activa: 10 €
Luns • 27 _Martes • 28 – Obradoiros: 20 € / Aula Activa: 50 €
Alberto González • Alfonso González • Ángel León • Beatriz Sotelo • Benigno Campos • Chef Rivera • Concepción Pérez • Cristo García • Dani García • Eloy Cancela • Enric Rovira • Enrique Castelló • Flavio Morganti • Germán Blanco • Gonzalo Rei • Héctor López • Iago Castrillón • Iago Pazos • Iñigo Lavado • Iván Domínguez • Javier Olleros • Javier Torres • Joan Roca • Jordi Farrés • Jordi Roca • José Carlos Capel • Josean Alija • Josep de Haro • Josep Maria Ribé • Josep Roca • Juan Luis Fernández • Lucía Freitas • Luís Paadín • Mercedes González • Nuno Mendes • Oriol Rovira • Paco Morales • Paco Pérez • Pedro Roca • Pedro Santana • Pepe Solla • Quico Sosa • Rafael Centeno • Ramon Morató • Raquel Alonso • Ricardo Sanz • Rodrigo de la Calle • Rubén Álvarez • Salvador Lucena • Santiago Orts • Sergio Arias • Sixto Tovar • Xavier Pellicer • Xoán Cannas • Xosé Cannas
+ info: www.forumsantiago.com