estado do tempo
Hoxe é xoves 17 de maio, temos 17ºC e prevese algo nubrado en Santiago de Compostela

'A Catedral de Santiago, corazón de Compostela'

Imaxe: 'A Catedral de Santiago, corazón de Compostela'
16/06/2011 - 15/12/2011

Co obxectivo de dar a coñecer o Plan Director da Catedral de Santiago, o Consorcio de Santiago organiza unha exposición divulgativa que pon en valor a importancia deste documento, que servirá de base para a posta en marcha dunha estrutura estable de restauración e mantemento para a Catedral de Santiago. A mostra, aloxada no Pazo de Xelmírez, inclúe paneis explicativos e maquetas sobre a investigación previa dende os primeiros debuxos da catedral do século XVII.

A mostra presenta unha maqueta da basílica realizada a partir dos planos dos alzados das súas diferentes fachadas. A Fundación Barrié colabora coa iniciativa e achega o material audiovisual que recrea de xeito virtual o Pórtico da Gloria, así como o son dos instrumentos do coro de anciáns do conxunto.

Mais información

Lugar
Pazo de Xelmírez
Localización
Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela, 15705
Hora de inicio
10:00:00
Data de inicio
16/06/2011
Data de fin
15/12/2011
Horario

Pazo de Xelmírez (entrada desde o interior da Catedral, zona do Pórtico da Gloria).
Martes a sábado, de 10 a 14 h e de 16 a 20 h. Domingos, de 10 h a 14 h. Luns pechado.

Inauguración: 20.30 h.



Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.