estado do tempo
Hoxe é xoves 17 de maio, temos 17ºC e prevese algo nubrado en Santiago de Compostela

Entroido 2012

Imaxe: Entroido 2012
18/02/2012 - 22/02/2012

Santiago vístese de gala para celebrar, durante 5 días, a entrada á Coresma; un evento tradicional que converterá a cidade compostelá nun gran escenario de festividades presidido polos desfiles de disfraces, as fanfarras, as actuacións teatrais, os obradoiros de maquillaxe, disfraces e máscaras. Un conxunto de acontecementos que se poderán gozar degustando os típicos pratos de tempada como o cocido galego, as filloas ou as orellas.

PROGRAMACIÓN

**Sabado 18
- 20.00 h. e 21.00 h. Animación a cargo das comparsas OS CONFORMISTAS DE CONXO e A RULIÑA DE LARAÑO | Praza do Toural
DESFILE DO MECO desde a praza de Cervantes ata a praza do Toural pasando polas rúas Nova e do Vilar ata o Pazo de Bendaña, donde permanecerá ata o día 22
- 20.30 h. PREGÓN DO ANTROIDO a cargo de MOFA E BEFA e subida do MECO aos balcóns do Pazo de Bendaña.
Animación a cargo das charangas Os Atrevidos, Os Celtas e BB+ | Praza do Toural

**Domingo 19
- 13.30 e 20.00 h. Animación de rúa a cargo da comparsa OS CONFORMISTAS DE CONXO e a charanga Os Atrevidos
- 17.00 h. FESTIVAL INFANTIL DE DISFRACES Sala Capitol. Entrada libre (participantes ata 14 anos) (Inscricións para o concurso de 16.30 a 17.45 h.)
- 18.00 h. Animación, baile-discoteca, premios, concurso de disfraces, sorteo de agasallos, entrega de bolsas-cotillón...

PREMIOS
Grupo
(mínimo 5 persoas):
1º.- 200 €
2º.- 150 €
3º.- 100 €
Parella:
1º.- Dúas consolas
2º.- Dous libros electrónicos
3º.- Dúas cámaras dixitais
Individual:
1º.- Unha consola
2º.- Un libro electrónico
3º.- Unha cámara dixital
4º e 5º.- Un equipo de música

**Martes 21
- 13.00 h. Animación de rúa
- 16.30 h. CONCENTRACIÓN de carrozas, comparsas e charangas Estación do Ferrocarril
- 17.30 h. DESFILE DE ANTROIDO polas rúas Romero Donallo, Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, Senra, para rematar na Avda de Xoán Carlos I.
- 19.30 h. Actuación da ORQUESTRA FANIA BLANCO SHOW Paseo Central da Alameda
- 21.00 h. Decisión do xurado e ENTREGA DE PREMIOS dacordo coas seguintes categorías:

Premios Carrozas:
1º...................... 2.000 €
2º...................... 1.300 €
3º...................... 600 €
4º...................... 450 €
5º...................... 300 €

Premios comparsas:
1º...................... 2.000 €
2º...................... 1.300 €
3º...................... 600 €
4º...................... 450 €

5 accésit de 150 € c/u
(A comparsa deberá estar formada por un mínimo de 10 persoas)
Premios especiais á mellor comparsa formada nas parroquias e barrios do Concello de Santiago (incompatibles cos anteriores):
1º......................600 €
2º......................450 €
3º......................300 €

A CRITERIO DO XURADO concederanse:
Ó grupo mellor caracterizado (de tres a nove persoas):
1º..................400 €
2º..................250 €
3º..................150 €

Á parella mellor caracterizada:
1º..................300 €
2º..................180 €
3º..................120 €

Ó mellor disfraz individual:
1º.................. 150 €
2º..................  90 €
3º..................  60 €

Bases completas do Desfile-Concurso aquí

**Mercores 22

- 20.00 h. ACOMPAÑAMENTO DO MECO polas comparsas e participantes no Antroido desde a praza do Toural ata a Praza Roxa facendo o percorrido seguinte: Rúa Nova, Rúa do Vilar, Rúa da Senra, Doutor Teixeiro, República do Salvador, para rematar na Praza Roxa.
(Prégase aos acompañantes vistan de rigoroso loito para a ocasión)
- 21.00 h. QUEIMA DO MECO e animación Acompañamento: BANDA MUNICIPAL DE SANTIAGO
Animación: MOFA E BEFA Praza Roxa
Obradoiros e actividades lúdicas de Antroido en centros socioculturais durante todo o mes de febreiro.

Xenerais da Ulla

Día 11: Marrozos. Campo da Festa. 19.30 h.
Día 18: Aríns. Campo da Festa. 18.30 h.
Día 19: O Eixo. Carballeira do Souto-Santa Lucía. 19.00 h.

Mais información

Data de inicio
18/02/2012
Data de fin
22/02/2012


Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.