estado do tempo
Hoxe é xoves 17 de maio, temos 17ºC e prevese algo nubrado en Santiago de Compostela

Cristina García Rodero: 'Transtempo'

Imaxe: Cristina García Rodero: 'Transtempo'
18/11/2010 - 13/02/2011

Cristina García Rodero, unha das figura centrais no panorama fotográfico actual, revela, por primeira vez de forma tan estruturada, unha visión da Galicia que se aproxima á intemporalidade a través de imaxes que reflicten unha maneira de convivir coa relixión e con ritos de sociabilidade que atravesan varias xeracións.

Cristina García Rodero é a primeira española que traballa na recoñecida axencia Mágnum.

Licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid, comeza a súa carreira docente en 1974 dando clase de debuxo na Escola de Artes e Oficios de Madrid. En 1983 comeza a impartir clases de fotografía na Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid, actividade que realiza ata 2007.

Compatibilizou a creación fotográfica e a colaboración en diversas publicacións periódicas españolas e estranxeiras coa súa tarefa docente. As súas primeiras obras aparecen nos concursos universitarios a finais dos anos sesenta. En 1973 formúlase a tarefa de fotografar costumes e festas por toda España para o que recibe unha bolsa.

Mais información

Lugar
CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea)
Localización
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5, Santiago de Compostela, 15703
Data de inicio
18/11/2010
Data de fin
13/02/2011
Horario

Ma-Do: 11-20 h.



Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Categorías: Exposicións Etiquetas: Destacado Recomendado! Cultura galega Comentarios: 1 Valoracións: 2
Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.
1.
Imaxe: isabel
Visita obligada, sin duda!