La Pegatina, grupo catalán de rumba formado en 2003, presenta na Sala Capitol os temas que compoñen o seu último traballo, 'Xapomelön', editado o pasado ano.
Google Street View é un servizo automático de Google que obtén imaxes a pé de rúa en base a súa localización xeográfica. Turismo de Santiago non é responsable do seu contido, encadre ou punto de vista. A inclusión deste recurso é só a título informativo.
Como cada mes de maio, Santiago celebra as festas da Ascensión, unha das celebracións máis importantes da cidade na que a xuventude participa de forma notable. Os espectáculos que forman o seu programa están enfocados especialmente aos máis novos sen esquecer outros aspectos tradicionais como o Día do Neno, a Festa dos Maiores, diversas actividades deportivas, as orquestras da Alameda, o teatro de sala ou a animación de rúa.
Cadena 100 organiza esta noite un concerto na Praza da Quintana protagonizado polo veterano grupo Celtas Cortos, que presenta os temas do seu álbum máis recente, 'Vivos y directos', publicado en 2012.
As Festas da Ascensión continúan na súa terceira xornada coa celebración da fase local feminina de padel no Multiusos do Sar e unha nova proxección do Compostela Cine Classics'12, así como dúas funcións da comedia teatral 'Ni contigo ni sin ti' e o concerto Cadena 100, protagonizado por Celtas Cortos e Huecco na Praza da Quintana.
A programación musical das festas da Ascensión prosegue esta noite coas actuacións na Quintana de Nach e Erin, organizadas coa colaboración de XADE e incluídas nun programa de actividades de Cultura Urbana.
A cidade de Santiago prosegue coa celebración das súas festas da Ascensión cun nutrido programa de actividades para todas as idades. Ao longo de toda a xornada, no Pavillón Municipal de Santa Isabel, terá lugar o I Trofeo Cidade de Santiago de Baile. A cidade histórica será o escenario do concerto da banda Municipal e de pasarrúas que amenizarán o ambiente, así como de un espectáculo de monicreques para os pequenos da casa. E xa pola tarde, a fase feminina de padel e o concerto do artista valisoletano Eliseo Parra.
As festas da Ascensión 2012 chegan hoxe á súa fin cunha xornada enteiramente dedicada aos máis cativos. Deste xeito, todos os rapaces que se acheguen este domingo ás atraccións da Alameda gozarán dunha rebaixa do 50% no prezo das entradas.