Os alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia ofrecen esta tarde un concerto de cámara no que interpretarán pezas de Reicha, Mozart, Susato, Hindemith e Holst.
LUGAR: Auditorio da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia (Finca de Vista Alegre, Santiago de Compostela)
A programación deste evento, dividido en dous partes, conta por unha banda, cos estudantes María Ferrer á frauta, Daniel Souto ao oboe, Emilio Alonso ao clarinete, Nuria Permuy ao fagot e Alma Sarasola á trompa, que serán os encargados de interpretar o Quinteto op. 100, con partituras do checo Anton Reicha.
No segundo concerto, Quinteto para KV 516, o profesor Tilmann Kircher, viola principal da Real Filharmonía de Galicia, tocará obras de Wolfgang Amadeus Mozart, xunto aos seus alumnos Ana Montoro, á viola, Lida P. García Rojas, ao violín, Sara Gil tamén ao violín e, Antía Guillén García ao violoncello. Os estudantes Daniel Ruibal e Ricardo Predares, ao trombón, e Raúl Álvarez e Miguel Adrián, á trompeta, interpretarán a terceira obra, The Danserye do alemán Tylman Susato.
E doutra banda, a segunda parte do concerto centrarase na interpretación de Kleine Kammermusik, de Paul Hindemith. María Neira á frauta, Verónica Cruz ao óboe, Virginia R. Liz ao clarinete, Ramón Alcalde ao fagot e Pablo Fernández á trompa, encargaranse de tocar esta peza.
Os Planetas (Xúpiter) de Gustav Holst será a obra que dea por finalizado o concerto de Cámara da EAEM. Daniel Rubial e Ricardo Predares, ao trombón, Raúl Álvarez e Miguel Adrián Pazos, á trompeta, interpretarán esta peza.
PROGRAMA
I Parte
- Anton Reicha
Quinteto Opus 100 nº6 B-Dur
I Poco adagio. Allegro
II Andante poco adagio
III Minuetto. Allegro scherzo
IV Finale
María Ferrer, frauta
Daniel Souto, óboe
Emilio Alonso, clarinete
Nuria Permuy, fagot
Alma Sarasola, trompa
Prof. Esther Viudez
- W. A. Mozart
Quinteto para corda en Sol m. nº KV 516
III Allegro ma non troppo
IV Adagio - Allegro
Lidia P. García Rojas, violín
Sara Gil, violín
Tilmann Kircher, viola
Ana Montoro, viola
Antía Guillén García, violonchelo
Prof. Tilmann Kircher
- Tylman Susato / arr. J. Iveson
The Danserye
1. La Mourisque
2. Bransle quatre bansles
3. Ronde
Daniel Ruibal, trombón
Ricardo Predares, trombón
Raúl Álvarez, trompeta
Miguel Adrián Pazos, trompeta
Prof. Alfredo Varela
II Parte
- Paul Hindemith
Kleine Kammermusik, Opus 24 nº2
I Lustig. Mässig schnelle Viertel
II Walzer. Durchweg sehr leise
III Ruhig und einfach. Achtel
IV Schnelle viertel
V Sehr lebhaft
María Neira, frauta
Verónica Cruz, óboe
Virginia R. Liz, clarinete
Justo Ramón Alcalde, fagot
Pablo Fernández, trompa
Prof. Esther Viudez
- Gustav Holst / arr. J.F.Taillard
Os Planetas (Xúpiter)
Movemento I
Daniel Ruibal, trombón
Ricardo Predares, trombón
Raúl Álvarez, trompeta
Miguel Adrián Pazos, trompeta
Prof. Alfredo Varela
Sí