estado do tempo
Today is thursday 31 july, it is 13ºC and slightly cloudy in Santiago

Content not available in English. Sorry for the inconvenience

Concierto de la Banda Municipal de Música

23/06/2011
[Music]

A Banda Municipal de Música de Santiago ofrece un concerto cunha selección do seu repertorio clásico e popular.

A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela é unha das máis antigas de Galicia, xa que foi fundada en 1849. Foi un centro educativo para a formación de instrumentistas, e á ela acudiron durante moitos anos os nenos acollidos na Casa Hospicio, paliando en parte as restricións educativas no ámbito musical que sufría a poboación infantil máis desfavorecida, e que en moitos casos supuxo un medio de vida para moitos deles.
Durante os primeiros anos é unha agrupación de afeccionados ata que en 1876 o Municipio decide facerse cargo dela e comeza a profesionalizarse. Unha das súas actividades máis importantes eran os concertos, denominados paseos, na Alameda ou na Rúa do Vilar, o que supuxo o traslado da música das veladas privadas a un ámbito público onde puidesen gozar del cidadáns de todos os estamentos sociais.

Na actualidade, o seu director titular é Xosé Carlos Seráns Olveira. A Banda realiza os seus concertos na tempada de inverno no Teatro Principal, construído en 1840-1841, no terreo que ocupara a Casa de Comedias; e na tempada de verán, os concertos son na Rúa do Vilar. Actualmente conta con 38 compoñentes e a súa actividade baséase fundamentalmente nos concertos dominicais ao longo de todo o ano; concertos de verán os xoves e domingos; concertos didácticos en período lectivo, nos que participan centos de mozos de Santiago e bisbarra, intercambios culturais, e todos aqueles actos protocolarios para os que sexa requirida polo Municipio.

More information

Venue
Vilar street
Location
Rúa do Vilar, Santiago de Compostela
Start time
19:30:00
Start date
23/06/2011
If you detect any errors in this web, please notify ot@santiagoturismo.com
Google Street View is an automatic service by Google that obtains street images based on geographic location. Turismo de Santiago is not responsible for its content, composition or perspective. This resource is only included as a guideline
How much did you like this entry?
Share it on:
What do you think?
You have to register in order to comment.
Enter your username and password here.