estado do tempo
Hoxe é xoves 17 de maio, temos 17ºC e prevese algo nubrado en Santiago de Compostela

Ciclo 'Santart Night Blues': Miki Nervio & The Bluesmakers

Imaxe: Ciclo 'Santart Night Blues': Miki Nervio & The Bluesmakers
12/03/2011

Na Sala Santart inauguramos as noites de música cunha banda moi especial que apenas necesita presentación: Miki Nervio & The Bluesmakers. O noso concerto 'Santart Night Blues' conta cunha atmosfera moi especial: os músicos decidiron realizar o concerto (permitídenos a expresión - un tanto roqueira - ) "a pelo", ou sexa... con moi pouca amplificación... para integrarse no espírito familiar e cameral da nosa sala.

Un concerto desta natureza non se goza todos os días. A versatilidade deste gran grupo de blues fará que gocemos todos dun concerto que perdurará na memoria dos 30 privilexiados.

Miki Nervio & The Bluesmakers é unha banda lendaria dentro do panorama musical galego dende o ano 92, que se gañou a pulso o cariño, o respecto e a admiración do público.
Despois de 18 anos de andaina, o grupo ten ás súas costas centos de actuacións (entre elas o 1er Festival de Blues das Illas Açores ou o 8º Matosinhos em Jazz onde compartiron cartel con Toots Thielemans, Larry Coryell, John Abercrombie, Rufus Reid, Shemekia Copeland...), varias aparicións en directo en radio e televisión, a participación en diversas actividades audiovisuais, e catro CDs gravados, o último deles distribuído pola discográfica 'Pai Música'.

O estilo inicial do grupo enmarcouse dentro do Blues eléctrico, pero ao longo destes anos evolucionou cara ao son acústico da música negra de principios do século pasado.

Esta viaxe, buscando as orixes do Blues, permitiulles recuperar a tradición das "street bands" ou bandas na rúa, utilizando instrumentos pouco usuais e sorprendentes como a táboa de lavar, a guitarra de aceiro, as culleres, o banxo, o contrabaixo, a guitarra de doce cordas, a mandolina ou o kazoo.

O grupo actualmente dispón dun amplo repertorio composto por temas propios e versións, e a súa versatilidade permítelle actuar en calquera lugar, en plena rúa ou en todo tipo de local, teatro, grande escenario ou convención cun espectáculo diferente, alegre, ás veces divertido e ás veces potente. En calquera caso os anos de experiencia fan de cada actuación un momento inesquecible no que se repasa a historia do Blues.

Mais información

Lugar
Sala Santart
Localización
Ruela de Brión, 5, Santiago de Compostela, 15702
Hora de inicio
20:30:00
Data de inicio
12/03/2011
Data de fin
12/03/2011
Prezo Observacións

As entradas reservadas póñense en venda no despacho da sala todos os venres entre as 20:00 h e 20:30 h.

PREZOS SOCIOS SANTART E ACOMPAÑANTES:
Compra anticipada antes do 15 de febreiro = 9,50 €
Compra posterior ao 15 de febreiro =14 €

PREZOS NON SOCIOS
Compra anticipada antes do 15 de febreiro = 11 €
Compra posterior ao 15 de febreiro =14 €

As entradas son validas exclusivamente para unha das dúas funcións.
En caso de que se realizara a compra anticipada, (ata o día 15 de febreiro) pero non se acudira ao concerto, a entrada carece de validez e non hai reembolso.



Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.