[Cinema]
20/11/2012

Google+ print cuaderno de viaje

Content not available in English. Sorry for the inconvenience

O Centro Cultural Novacaixagalicia en Santiago presenta a quinta película do ciclo 'Pinceladas de cine'.

En total, e ata o 27 de novembro, o centro de Novacaixagalicia, situado na rúa do Vilar, proxecta seis películas de diferentes épocas, estilos e directores que teñen como denominador común a arte e os seus artistas. El tormento y el éxtasis, Séraphine, El Greco, La joven de la perla, El sol del membrillo e El loco del pelo rojo son os títulos que abordan as vidas de Vincent Van Gogh, Miguel Ángel, Antonio López, El Greco, Vermeer e Séraphine de Senlis e que completan o ciclo.

A obra, con pinceladas curtas, intensas e rápidas, presenta a Séraphine e narra a súa vida, a dunha serventa analfabeta cuxos días transcorren na Francia dos primeiros anos do século XX e que garda o segredo da xenialidade na pintura. A protagonista vive a arte no silencio, no pracer dos pequenos recoñecementos, como cando limpaba a casa da Sra. Duphot, e o seu inquilino Wilhelm Uhde, un marchante alemán fascinado polos pintores modernos e inxenuos, descobre un pequeno cadro que Séraphine trouxera. Fascinado, cómprao e convéncea para que lle ensine outras das súas obras. A protagonista remata os seus días mergullada na loucura e a soidade, abandonada ao drama da miseria e da xenialidade. A fotografía da fita é unha obra de arte en si mesma, as paisaxes e localizacións son dunha beleza extraordinaria e describen fielmente a campiña francesa.

More information

Venue
Centro Cultural Afundación
Location
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela, 15705
Start time
20:30:00
Start date
20/11/2012
If you detect any errors in this web, please notify ot@santiagoturismo.com