estado do tempo
Today is friday 19 december, it is 10ºC and mostly cloudy in Santiago

Content not available in English. Sorry for the inconvenience

Ciclo 'Os seráns do TAC’: Tom Johnson

18/12/2011
[Music]

Bajo la dirección de Diego García Rodríguez y con la participación del pianista Nicasio Gradaille, el TAC interpreta en la Ciudad de la Cultura 'La Ópera de las Cuatro Notas', de Tom Johnson.

Cristina Barriga, soprano
Mónica de Nut, contralto
Humberto Ayerbe Pino, tenor
Eliseu Mera, barítono

Piano: Nicasio Gradaille
Dirección: Diego García Rodríguez

Presenta: Quico Cadaval

Ao final do concerto servirase unha tapa creación de Eirado da Leña e unha copa de viño

Tom Johnson (1939) é un compositor americano que reside en París dende 1983 e que se autodenomina minimalista.

Está casado coa artista española Esther Ferrer. Foi alumno de Morton Feldman (1926-1987) e moita da súa música está baseada en procedementos matemáticos, utilizando fórmulas, secuencias e permutacións.

A súa obra inclúe música para diversos instrumentos, habitualmente con textos, e destaca a súa produción operística, composta principalmente por óperas de cámara.

Compuxo A ópera das catro notas cando tiña 32 anos. En palabras do autor, para a composición desta ópera foi crucial a lectura de Seis personaxes en busca de autor, de Luigi Pirandello (1867-1936).

“Moitas veces os personaxes non son conscientes da súa existencia no escenario. Obedecen ao autor e adáptanse ao mundo que crea, sen ter pensamentos de seu. Pero na obra de Pirandello os personaxes saben que existen nun espazo teatral e só por un par de horas. Sentían a presenza do público e incluso do autor. É un teatro que non pide que se crea algo que non é verdade. É un teatro que se ten que crer porque todo é verdadeiro.” Esta obra tivo un grande impacto en Johnson, que empezou a preguntarse que pasaría se en vez de seis personaxes en busca de autor houbera algún personaxe de ópera buscando un compositor. E ocorreu que había algúns personaxes de ópera buscando un compositor, e 10 anos despois da lectura de Pirandello, atoparon a Tom Johnson e fixéronse realidade na Ópera das catro notas.

A estrea tivo lugar en Nova York en 1972 e converteuse nun éxito inmediato, sendo programada en moitos teatros arredor do mundo. Hoxe en día segue a ser a obra máis famosa deste compositor.

More information

Venue
Location
Lugar de la Ciudad de la Cultura, Santiago de Compostela, 15702
Start time
12:00:00
Start date
18/12/2011
If you detect any errors in this web, please notify ot@santiagoturismo.com
Google Street View is an automatic service by Google that obtains street images based on geographic location. Turismo de Santiago is not responsible for its content, composition or perspective. This resource is only included as a guideline
How much did you like this entry?
Share it on: