O ciclo 'Escena en familia' programa dúas novas sesións de teatro infantil co musical 'Un día de formiga' creado, dirixido e interpretado polo artista brasileiro Eisenhower Moreno. Para nenos a partir de 3 anos.
'Un día de formiga' é un musical no que Eisenhower Moreno carga sobre os seus ombreiros case toda a responsabilidade nesta nova empresa. O polifacetico artista brasileiro é o protagonista, director, autor do texto, da escenografía e da banda sonora, encargado da iluminación e o vestiario, e, por se fóra pouco, tamén supervisou as realizacións audiovisuais que se proxectan en diferentes momentos do show. Xunto a el, no escenario acompáñalle Marta Villar, unha xoven actriz que lle dá a réplica con solvencia nesta historia pensada para entretener e divertir aos espectadores que non chegan cos pés ao chan sentados nas butacas.
Sábado: 18 h.
Domingo: 12.30 h.