estado do tempo
Hoxe é xoves 17 de maio, temos 17ºC e prevese algo nubrado en Santiago de Compostela

Ciclo 'Escena en familia': 'As aventuras de Tolín, o fillo do panadeiro'

Imaxe:  Ciclo 'Escena en familia': 'As aventuras de Tolín, o fillo do panadeiro'
11/02/2012 - 12/02/2012

O ciclo de ARTeria Noroeste 'Escena en familia' programa esta fin de semana a representación de 'As aventuras de Tolín, o fillo do panadeiro', un divertido espectáculo infantil de monicreques a cargo da compañía galega Títeres Cascanueces. Para nenos a partir de 3 anos.

Hai funcións o sábado 11 (18:00 h.) e o domingo 12 (12:30 h.).

O espectáculo conta a historia dun demo que, para estragar unha festa, róuballe a fariña ao panadeiro e marcha con ela ao seu castelo, alén do Bosque Tenebroso. Tolín, o fillo do panadeiro, solucionará o problema, pero... cun chisco de sorte.

Mais información

Lugar
Sede SGAE/Fundación Autor
Localización
Rúa das Salvadas, 2 A, Santiago de Compostela, 15705
Data de inicio
11/02/2012
Data de fin
12/02/2012
Horario

Sábado 11: 18:00 h.
Domingo 12: 12:30 h.



Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.