estado do tempo
Hoxe é xoves 17 de maio, temos 20ºC e prevese algo nubrado en Santiago de Compostela

Björk: 'Biophilia'

Imaxe: Björk: 'Biophilia'
22/06/2012

A artista islandesa Björk, unha das máximas referencias da música contemporánea dos últimos 20 anos, actuará na Cidade da Cultura dentro da xira de presentación do seu novo disco 'Biophilia', que a levará polas principais cidades do mundo.

Cunha traxectoria impecable, poucos artistas poden presumir dunha carreira tan brillante como transgresora. Falar de Björk é falar de talento, dunha artista cun afán creativo desbordante. A súa persoal voz, o seu carisma e unha personalidade asoballante levárona a vender máis de 15 millóns de discos e a atesourar unha inmensa lexión de fans en todo o mundo. Igual que para definir sensacións extremas, os adxectivos remátanse para acoutar o perfil da islandesa máis universal, auténtica musa da música contemporánea. Ela foi a precursora en demostrar que do xeo podían emanar emocións.

Björk Guðmundsdóttir (Reykjavik, Islandia 1966) pertence a esa rara avis de artistas que supuxeron un punto de referencia para compositores dos máis variados estilos. Durante toda a súa traxectoria, cada paso seu revolucionou o mapa sonoro do momento.

A diva islandesa é unha artista absolutamente única, audaz e necesaria. Un dos nomes clave para entender a evolución do pop e a música electrónica. Co seu novo traballo, "Biophilia", a islandesa máis universal volve dar renda solta á emotividade que despregou nas súas mellores obras e renova todas as formas de crear e consumir música.

Durante 2012 percorrerá o mundo nunha ambiciosa xira que supoñerá toda unha experiencia sensorial e que a levará polos escenarios máis importantes do planeta.

A música conéctanos coas emocións, alívianos, prodúcenos pracer, sérvenos como alento, alimenta a nosa capacidade de imaxinación e é unha linguaxe universal que transcende fronteiras.

Na Cidade de la Cultura animamos a emocionarnos, a gozar e a imaxinar xuntos, achegando a música á sociedade como linguaxe de entendemento universal, internándonos nun crisol de harmonías, melodías e ritmos onde se funden a música clásica, o jazz, o blues, o folk, o pop, o rock, a vangarda, a experimentación...

A música únenos na Cidade da Cultura.

 

Mais información

Lugar
Cidade da Cultura de Galicia
Localización
Lugar de la Ciudad de la Cultura, Santiago de Compostela, 15702
Hora de inicio
22:30:00
Data de inicio
22/06/2012
Data de fin
22/06/2012
Prezo Anticipado

Prezo especial: 35 € + gastos xestión atendendo ao establecemento (antes do 15 de abril)

Prezo Observacións

Puntos de venda de entradas:

ticketmaster
FNAC
Halcón Viajes
Carrefour Viajes
Servinova
Novagalicia Banco

A Cidade da Cultura só se fai responsable das entradas adquiridas nos puntos de venda oficiais indicados.



Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.