estado do tempo
Hoxe é xoves 17 de maio, temos 20ºC e prevese algo nubrado en Santiago de Compostela

'Atardeceres no Gaiás'

Imaxe: 'Atardeceres no Gaiás'
14/07/2011 - 10/09/2011

A praza da Cidade da Cultura converterase no escenario perfecto para gozar das anoitecidas de verán dende o monte Gaiás, mentres se escoita un concerto de música clásica, unha sesión de música electrónica  ou un concerto de jazz. Toda  unha combinación de sensacións que creará unha atmosfera hipnótica no momento máxico do luscofusco.

Despois do éxito desta actividade o ano pasado, os “Atardeceres de verán” volven este ano, abríndose a novos estilos musicais e coa novidade de que as zonas exteriores rematadas contribuirán ao seu goce.

Así, a rampla da Biblioteca, na praza exterior, acondicionada para cada sesión, ofrecerá o lugar perfecto para esta actividade.

PROGRAMA DE CONCERTOS

Todos os concertos son ás 21 h.

**Xullo
- 14. POESÍA Carlos Caneiro e Xosé Manuel Salgado
- 21. POESÍA Yolanda Castaño e Isaac Garabato
- 15. MÚSICA POP Lacrosse
- 16. JAZZ Fernández/Salgueiro/Fixel
- 22. MÚSICA POP Pelle Carlberg
- 23. MÚSICA CLÁSICA Chelicia
- 29. MICROPOESÍA Ajo
- 30. MÚSICA POP Dejavu

**Agosto
- 4. POESÍA Olalla Cociña e Bernardo Martínez
- 5. MÚSICA POP Le Corps Mince de Françoise
- 6. MÚSICA CLÁSICA Jorge Montes e Alejandro Sanz
- 11. ELECTRÓNICA DJ Ino
- 12. POESÍA/ MÚSICA Ugia Pedreira & Fred Martins
- 13. BRASILEIRA Najla Shami / Serginho Sales
- 19. POESÍA María Lado e Mig Seoane
- 25. POESÍA Rivadulla Corcón e Franky Valencia
- 26. MÚSICA CLÁSICA Simona Kantcheva e Palmen Velev
- 27. MÚSICA POP Klaus & Kynsky

**Setembro
- 1. POESÍA Mercedes Villegas e Antonio Calvache
- 2. MÚSICA ELECTRÓNICA Fatfish DJ
- 3. MÚSICA ROCK, CUMBIA & ELECTRÓNICA Bomba Estéreo
- 8. MÚSICA CLÁSICA Ensemble Galante
- 9. MÚSICA ANTIGA Grupo Meendinho
- 10. MÚSICA POP & ELECTRÓNICA La Bien Querida + BFlecha

Mais información

Lugar
Cidade da Cultura de Galicia
Localización
Lugar de la Ciudad de la Cultura, Santiago de Compostela, 15702
Hora de inicio
21:00:00
Data de inicio
14/07/2011
Data de fin
10/09/2011
Horario

De xoves a sábado



Se detecta algún erro nesta páxina, por favor comuníqueo a ot@santiagoturismo.com

Canto che gustou esta entrada?
Compárteo en:
Que opinas?
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal. aquí.