Arquitecto: Peter Eisenman
Data: 1999-
Zona: coroa exterior
En 1999 a Xunta de Galicia convocou un concurso internacional para seleccionar o proxecto para a construcción da Cidade da Cultura de Galicia, un gran equipamiento cultural con un vasto programa que incluía diversos museos, biblioteca, hemeroteca, teatro de ópera e centros de estudos e investigación.
O concurso se desenvolveuse en dúas fases. Na primeira foron seleccionados doce equipos, por medio de un concurso de méritos. De estos, cinco eran españois, os dirigidos por Ricardo Bofill, Santiago Calatrava, Manuel Gallego, Juan Navarro Baldeweg e César Portela; un era alemán, o de Daniel Libeskind; dous franceses; encabezados por Jean Nouvel e Dominique Perrault; un holandés, Rem Koolhaas e OMA; outro suízo, o de Annette Gigon e Mike Guyer; e, por último, dous norteamericanos, Steven Holl e Peter Eisenman, que foi o gañador.
O proxecto de Eisenman reflicte a talla intelectual e creativa do seu autor. Este arquitecto montou o seu estudio con cincuenta anos cumpridos, tras unha brillante carreira como crítico e estudoso da arquitectura. Eisenman propón un edificio topográfico no que as onduladas cubertas dos diferentes edificios aparecen como o relevo do monte Gaiás, sucado por fondas fendas polas que se circula e accede aos diferentes volumes.
Eisenman propuxo, unha vez comezadas as obras, rendir unha homenaxe ao seu compatriota John Hejduk, integrando na Cidade da Cultura dúas torres proxectadas polo desaparecido arquitecto para que se erixisen en Belvís.
O formidable tamaño do complexo, que iguala en extensión ao casco histórico compostelán, a súa valiosa arquitectura e a súa oferta cultural, completará a vontade de Santiago de se converter nunha referencia indispensable no circuíto cultural internacional.
**Visitas libres
Recinto: todos os días, de 8:00 a 20:00 h.
Exposicións: todos os días, 8:30 a 14:30 h e 16:00 a 20:00 h.
**Visitas guiadas gratuítas
Para descubrir a CCG en compañía dun guía profesional.
Todos os días, excepto luns, ás 12:30 e 18:30 h. Para participar abonda con presentarse no Punto de Información, situado ao lado da Biblioteca de Galicia.
CONEXIÓN EN BUS CON SANTIAGO
LIÑA 9: Luns a Venres laborais e Sábados mañá
Saídas dende Casas Novas [Frecuencia: 60 min.]
Itinerario de ida: Casas Novas - Santa Isabel - Galeras - San Clemente - A Senra - Virxe da Cerca - Porta do Camiño - San Pedro - Concheiros - Fontiñas - Piscinas - Multiusos Fontes do Sar - Cidade da Cultura
Saídas dende a Cidade da Cultura [Frecuencia: 60 min.]
Itinerario de volta: Cidade da Cultura - Multiusos Fontes do Sar - Piscinas - Fontiñas - Concheiros - Campo da Angustia - Rúa de Bonabal - San Roque - Virxe da Cerca - A Senra - San Clemente - Galeras - Santa Isabel - Casas Novas
LIÑA C11: Sábados tarde, Domingos e festivos
Saídas dende o Multiusos Fontes do Sar
Itinerario de ida: Multiusos Fontes do Sar - Piscinas - Fontiñas - Avda. de Lugo - Bernardo Barreiro - Curros Enríquez - Xeral Pardiñas - Praza de Galicia - Virxe da Cerca - Porta do Camiño - San Pedro - Concheiros - Fontiñas - Piscinas - Multiusos Fontes do Sar - Cidade da Cultura
Itinerario de volta: Cidade da Cultura - Multiusos Fontes do Sar - Piscinas - Fontiñas - Concheiros - San Pedro - Porta do Camiño - Virxe da Cerca - Praza de Galicia - Xeral Pardiñas - Curros Enríquez - Bernardo Barreiro - Avda. de Lugo - Fontiñas - Piscinas - Multiusos Fontes do Sar
Máis información sobre buses (pdf)
**Visitas especiais para grupos
Contactar: visitas@cidadedacultura.org
Máis info: www.cidadedacultura.org