Emprazado no centro dun moderno bulevar comercial e a moi poucos metros do casco histórico, o Hotel Meliá Araguaney é un establecemento agradable e acolledor, ideal tanto para viaxes de pracer coma de negocios. En Santiago, é unha das primeiras referencias para a celebración de todo tipo de actos sociais ou de negocios.
Dispón de dous restaurantes, galería comercial, sala de exposicións e serve con frecuencia como sede de reunións e conferencias, dado que conta cun propio centro de negocios, salóns de congresos e reunións de distintas capacidades, equipados coa tecnoloxía máis avanzada.
Restauración
Nos seus restaurantes, o hóspede pode gozar de distintos ambientes e opcións culinarias: cociña galega tradicional e creativa, cociña de raíces árabes e cociña de tradición latinoamericana.
O Caney Restaurante ofrece unha atmosfera dinámica e actual. A súa cociña, aberta ata a 01:00, é un crisol de contrastes: tapas, montaditos, pratos elaborados e menús gastronómicos de tempada.
No Gran Caney, encontrará un ambiente máis recollido e máis clásico, onde a elegancia, o trato exquisito e o gusto polo detalle teñen unha importancia absoluta. Este é un lugar de encontro ideal para a realización de congresos, convencións, reunións de traballo, incentivos de empresa, etc.
Máis Información
Conta cun aparcadoiro privado de 382 prazas con acceso directo, 13 salóns con diferentes capacidades ata para 300 persoas e un servizo Internet Wifi dispoñible nas zonas comúns (gratis) e nos cuartos (de pagamento).
O Negocio Center do hotel, atendido por un equipo de profesionais especializados na organización de reunións e congresos, está a disposición do cliente para axudalo a planificar cada detalle e facilitarlle toda a información ao respecto de instalacións e equipamento.
Arredores
O hotel goza dunha localización privilexiada no corazón de Santiago de Compostela, a uns 5 minutos a pé do casco histórico e con excelente acceso á principal rede de estradas e de transporte público.
Termos
Non se admiten animais.
Información xeral dos cuartos
82 cuartos (individual, dobre, tiple, matrimonial, júnior suites e suites luxosas) decoradas cunha atractiva combinación de elementos clásicos e vangardistas; baño completo en mármore, televisor de pantalla plana e acceso inarámico a internet (Wifi).